Protección de datos

 

A Editorial Danú, SL  garantiza a protección e confidencialidade dos datos persoais, domiciliarios, de pago e de calquera outro tipo que nos proporcionen os nosos clientes segundo o disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Todos os datos facilitados polos nosos clientes a Editorialdanu.com, ou aos seus empregados, incluiranse nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado e mantido baixo a responsabilidade de Editorial Danú, SL, coa única finalidade de atender e tramitar os pedidos dos mesmos de forma satisfactoria.

En cumprimento do disposto no Art. 5 do mesmo precepto legal, os clientes de Editorialdanu.com poden, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos persoais con comunicación por escrito á sede de Editorial Danú SL , sita na Rúa Tras o Pilar nº6, 2º 15701 Santiago de Compostela, A Coruña (España).

No caso de que os datos subministrados estean asociados a unha compra, a lexislación española obríganos a mantelos como mínimo durante cinco anos, polo que non se poden borrar nin rectificar, a pesar de que o cliente así o solicite, mais si bloquear (cancelar).