Condicións xerais
As presentes condicións xerais de contratación aplícanse a todas as transaccións comerciais realizadas na nosa tenda virtual, www.editorialdanu.com , dominio do que é titular :
Editorial Danú SL , legalmente constituída en España, provista de CIF : B-15784895
1. Identificación
www.editorialdanu.com é unha unidade de negocio pertencente a Editorial Danú SL , domiciliado na rúa Tras o Pilar nº6, 2º, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña. Calquera comunicación pódese dirixir ao domicilio social, ou á dirección de correo electrónico editorialdanu@editorialdanu.com
2. Actividade
Editorial Danú, SL é unha editorial que se dedica á edición de libros e calquera soporte gráfico, e á súa venta a distancia.
3. Contidos e información suministrada no website
Editorial Danú, SL resérvase o dereito a modificar a oferta comercial presentada no website (modificacións sobre produtos, prezos, promocións e outras condicións comerciais e de servizo) en calquera momento. Editorial Danú, SL fai todos os esforzos, dentro dos seus medios, para ofrecer a información do website de forma veraz e sen erros tipográficos. No caso de que en algún momento se producise un erro de ese tipo, alleo, en todo caso, á vontade de Editorial Danú, SL, farase inmediatamente a súa corrección. De existir un erro tipográfico en algún dos prezos mostrados e algún cliente tomara unha decisión de compra basada en ese erro, Editorial Danú, SL comunicarallo ao cliente e terá dereito a rescindir a súa compra sen ningún custo polo súa parte.
Os contidos do sitio Web www.editorialdanu.com poden, en ocasións, mostrar información provisional sobre algúns produtos. No caso de que a información facilitada non corresponda ás características do produto, o cliente terá dereito a rescindir a súa compra sen ningún custo pola súa parte.
Editorial Danú, SL realizará os envíos dos produtos solicitados tendo en conta que as fotografías da Web son meramente informativas, debido a que os produtos se encontran en caixas pechadas e ata no ser utilizados poden lucir diferente, quedando Editorial Danú, SL excluída de interpretacións erradas por parte do cliente.
Editorial Danú, SL non é responsable, nin directa nin indirectamente, de ningunha das informacións, contidos, afirmacións e expresións que conteñan os produtos comercializados por Editorial Danú, SL . Esta responsabilidade recae, en todo momento, nos escritores ou distribuidores de estes produtos. O cliente entende que Editorial Danú, SL é un mero intermediario entre él e este escritor, fabricante ou distribuidor.
4. Sistema de venta
Para realizar unha compra, o usuario deberá cumplimentar o formulario existente e contiguo ao "carro da compra" e realizar o pago mediante calquera destes sistemas:
• Tarxeta de crédito, Paypal, Transferencia bancaria e Contra reembolso
5. Impostos aplicables
Os prezos dos produtos expostos na páxina Web: www.editorialdanu.com, indicaran en cada momento se incluen ou non, o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) que, no seu caso, sexa procedente aplicar.
As compras que sexan entregadas dentro do territorio de calquera dos estados membros da Unión Europea estarán suxeitas a IVE.
As compras que sexan entregadas nos territorios de Estados non membros da Unión Europea, ou en Canarias, Ceuta ou Melilla estarán exentas de IVE.
6. Forma de pago
Ao formular o pedido, o cliente pode elixir libremente pagar a compra que realice mediante tarxeta, paypal, transferencia bancaria, recollida en local deEditorial Danú, SL (horario actual ,visible na web) e contra reembolso. En determinados casos, e para previr posibles fraudes, Editorial Danú, SL resérvase a posibilidade de solicitar a un cliente unha forma de pago concreta no caso de que non se acredite correctamente a identidade do comprador. Editorial Danú, SL resérvase o dereito a modificar as tarifas e as características dos produtos vixentes na nosa web , sen previo aviso.
7. Forma, gastos e prazo de envío
O cliente poderá seleccionar a forma de envío de entre as posibles para a súa zona de residencia. Deberá ter en conta que os prazos de entrega, a calidade do servizo e o custo serán diferentes para cada transporte.
Editorial Danú, SL envía os pedidos ós seus clientes a través de diferentes empresas de transporte urxente de recoñecido prestixio nacional e internacional. A data de entrega no domicilio do cliente depende da dispoñibilidade do produto escollido (amosada ó lado da característica do produto) e da zona de envío. Os prazos de transporte orientativos están dispoñibles no apartado da nosa web "carro da compra". Antes de confirmar o seu pedido informaráselle sobre os gastos de envío e prazos de transporte, ambos orientativos, que se aplican ó seu pedido en concreto. Non obstante, ambos poderán variar en función das circunstancias de cada pedido. En especial:
• Os prazos de transporte pódense alterar por incidencias extraordinarias no transportista e por dificultades na entrega da mercadoría.
• Os gastos de envío que aparecen na Web ao realizar o pedido son orientativos e calcúlanse en base a un peso estadístico. Editorial Danú, SL resérvase o dereito a alterar os gastos de envío cando o peso solicitado varíe en máis/menos un 10% con respecto ó peso medio mencionado. No caso de producirse unha variación de precio, Editorial Danú, SL comunicará por medio de correo electrónico ó cliente a variación e o cliente poderá optar por anular o seu pedido sen que se lle poida imputar ningún custo.
8. Dereitos do comprador e política de devolucións
Editorial Danú, SL non garantiza a dispoñibilidade nin o prazo de entrega dos produtos que se ofrecen no sitio Web excepto a dos produtos nos que expresamente se cite un determinada garantía. O catálogo que se amosa é meramente orientativo xa que os fabricantes ou distribuidores non comunican anticipadamente as existencias nin garantizan os prazos de entrega. Esta situación impide a Editorial Danú, SL a posibilidade de informar con exactitude ós seus clientes sobre a dispoñibilidade dos produtos así como a garantizar un prazo de entrega determinado que, en todo caso, dependerá do tempo que tarde o fabricante ou o distribuidor en suministrar o produto. Así, non obstante, no catálogo amosaranse aqueles produtos non dispoñibles cando esta situación conste efectivamente.
Editorial Danú, SL garantiza ós seus clientes a posibilidade de anular o seu pedido sen ningún custo, sempre que a anulación se comunique antes de que o pedido se poña a disposición do transportista para o envío. O cliente dispón dun prazo de dez días dende a recepción do pedido para resolver o contrato e facer a devolución do produto comprado.
O cliente comunicará aEditorial Danú, SL dentro do prazo estipulado, e por calquera medio admitido en dereito, o seu desexo de resolver o contrato. O pedido devolto , debe chegar co albarán de entrega e a factura emitida por Editorial Danú, SL, correndo o cliente cos custos da devolución.
O cliente poderá devolver calquera artigo que compre en Editorial Danú, SL, sempre e cando os produtos non foses abertos nin usados e conserven o seu precinto e embalaxe orixinal, exceptuando os casos de mercadoría defectuosa.
Os clientes deberán abrir e revisar o correspondente paquete e comprobar os precintos e embalaxes para verificar que o material non sufriu danos e o contido é correcto. Caso de observar algunha incidencia na recepción do envío, deberá facela constar no Albará de entrega do Transportista, devolver o paquete inmediatamente e comunicalo a Editorial Danú, SL nas 24 horas seguintes. Editorial Danú, SL non admitirá ningunha reclamación que non cumpra as normas anteriores.
Nestes casos, Editorial Danú, SL, devolverá o diñeiro da compra a través dun abono na tarxeta de crédito, mediante unha transferencia bancaria á conta indicada polo cliente ou mediante abono na conta persoal.
Se un produto distinto ao solicitado polo cliente fora entregado por erro de Editorial Danú, SL, este retirase e entregarase o correcto sen ningún cargo adicional para o comprador.
Para calquera incidencia relacionada coa devolución de artigos da nosa tenda pode contactar co noso Departamento de Atención ó Cliente vía email: editorialdanu@editorialdanu.com ou por teléfono 981 566020.
9. Obrigas do cliente
O cliente de Editorial Danú, SL comprométese en todo momento a facilitar información veraz sobre os datos solicitados nos formularios de rexistro de usuario ou de realización do pedido, e a mantelos actualizados.
O cliente comprométese a aceptar todas as disposicións e condicións recollidas nas presentes Condicións Xerais de Contratación, entendendo que recollen a mellor vontade de servizo posible para o tipo de actividade que desenvolve Editorial Danú, SL.
O cliente comprométese a posibilitar a entrega do pedido solicitado facilitando unha dirección de entrega na que esté localizado, dentro do horario habitual de entrega de mercadorías (de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00). En caso de incumplimento por parte do cliente desta obriga, Editorial Danú, SL non terá ningunha responsabilidade sobre o retraso ou imposibilidade de entrega do pedido solicitado polo cliente.
10. Garantía
Todas as informacións son ofrecidas o mellor posible e seguindo o proceso e aplicación dos nosos produtos, pero eso non exclue que o comprador teña coñecementos propios.
Só se atenderán queixas dentro dos dez días seguintes á recepción da mercadoría por vicios ocultos tras a súa detección,ou faltas ocultas despois do descubremento. As faltas na funcionalidade dos artigos, debidas ás limitacións de concepción dos mesmos ,tamén se excluen da cobertura desta garantía.
As reclamacións por posibles incidencias, como o producto que se entregue deteriorado, avariado, errado, ou por calquera outra causa susceptible de reclamación, trataranse da seguinte forma: - No caso de solicitar devolución do importe, o cliente debe remitir o producto a ES, no prazo dos 10 días posteriores á recepción do pedido e os custos de devolución, corren a cargo do cliente, (según Ley del 15/1/96 número 7/1996). - Se desexa a sustitución do producto, Editorial Danú, SL comprométese a entregar ao cliente outro produto en perfecto estado, en canto recibamos o produto defectuoso.
A mercadoría defectuosa, devolverase ca nosa aprobación previa. As devolucións faranse ó noso domicilio e a cargo do cliente. O reenvío e substitución ao cliente será sen cargo.
ENVÍOS DEVOLTOS OU RECLAMACIÓNS PÓDENSE ENVIAR POR CORREOS A:
Editorial Danú, SL
Vía Marconi 2C
15890 SANTIAGO DE COMPOSTELA
11.Seguridade e confidencialidade
Editorial Danú, SL garantiza a seguridade e confidencialidade en todas as súas comunicacións cos seus clientes.
Todas as operacións de pago on-line realízanse a través dun servidor seguro, basado no estándar SSL, que protexe os datos frente ós intentos de violación por terceiros. Os datos do proceso de compra gárdanse nunha base de datos deseñada para tal efecto.
Editorial Danú, SL garantiza a protección e confidencialidade dos datos personais, domiciliarios, de pago e de calquera outro tipo que nos proporcionen os nosos clientes segundo o disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Todos os datos facilitados polos nosos clientes a Editorial Danú, SL ou aos seus empregados, incluiranse nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado e mantido baixo a responsabilidade de Editorial Danú, SL , coa finalidade de atender e tramitar os pedidos dos mesmos de forma satisfactoria.
En cumprimento do disposto no Art. 5 do mesmo precepto legal, os clientes de Editorial Danú, SL poden, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos personais comunicándoo por escrito a sede de Editorial Danú, SL .
No caso de que os datos suministrados estén asociados a unha compra, a legislación española obriganos a mantelos como mínimo cinco anos, polo que non se poderán borrar nin rectificar, pero si bloquear (cancelar), a pesar de que o cliente así o solicite.
12. Lexislación aplicable e xurisdición competente
As compraventas feitas en Editorial Danú, SL sométense á lexislación española.
O acceso e navegación a través destas páxinas supón a aceptación das presentes condicións e aviso legal.