A Editorial Danú, SL naceu no ano 2.000, para contribuír á edición do libro galego e facer que as súas publicacións favorezan o proceso de normalización da lingua galega, apostando decididamente pola creatividade dos nosos escritores e escritoras. Sobre todo, pola potenciación dos xéneros considerados como menos rendibles, mais que consideramos fundamentais á hora de contribuír ao desenvolvemento dun sistema literario propio, como é o galego. 

Cremos que ninguén sobra á hora de pensar e facer país, polo que abrimos as nosas portas a quen queira traballar por unha maior difusión cultura, e por unha literatura en lingua galega máis normalizada que incorpore novos valores, e que fomente os autores considerados como clásicos.